Captura de Xibraltar (1704)

Captura de Xibraltar (1704)
Parte de guerra de Sucesión española

A British Man of War before the Rock of Gibraltar obra de Thomas Whitcombe.
Data do 1 ao 6 de agosto de 1704.
Lugar Baía de Alxeciras
Resultado Vitoria austracista.
Cambios territoriais
  • Xibraltar permaneceu sendo parte de Inglaterra despois da paz.
Belixerantes
Borbónicos
España fiel a Filipe V
Austracistas
Austria Austria
Inglaterra Inglaterra
Países Baixos Provincias Unidas
España fiel ao Arquiduque
Líderes
Diego de Salinas Príncipe de Hesse-Darmstadt
Inglaterra George Rooke

A captura de Xibraltar tivo lugar o 4 de agosto de 1704 no contexto da guerra de Sucesión española por parte da frota anglo-holandesa comandada por George Rooke e o príncipe de Hesse. A intención do ataque era a de engadir a forte praza de Xibraltar á causa do arquiduque Carlos. O goberno da cidade, con todo, mostrouse fiel ao rei Filipe V. Os enfrontamentos entre a frota da baía de Alxeciras e a gornición española apenas duraron dous días cando,cun gran desequilibrio entre as tropas atacantes e defensoras, os soldados ingleses do capitán Whitaker lograron tomar terra no Peirao Novo da cidade, tomaron reféns entre a poboación civil e obrigaron aos mandos españois a levantar bandeira parlamentaria e iniciar as negociacións da rendición e capitulación que tería lugar o 4 de agosto.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search